









Sargadelos sempre representou para min esa perfecta harmonía de vangarda, tradición, denuncia social e expresión libre. Sempre entendín a moda como a capacidade de poder levar pedazos de ''alma'' á vista e anuncialos a viva voz, sexa a música máis inspiradora, o estado de ánimo ou a idea presa incansable na nosa mente.
Con esta peza quixen traer a tradición ao meu mundo e poder levala con orgullo e total intencionalidade.
Quixen facer a miña rendición a como sería un colaboración miña co equipo dos meus amores, buscando engadir ouro, vermello e negro de Estrella Galicia tan identificativo e que pensaba nos vestiría con enerxía nova para afrontar o gran ano que temos neste novo 2025.



